BOIRO> Os mariscadores de Cabo de Cruz traballaron esta mañá no banco da Marxa para retirar o marisco que non resultou danado polas obras que se están a levar a cabo na zona. A empresa viuse obrigada a parar os traballos.
Tras denuncia as graves consecuencias que están a ter as obras acometidas por unha empresa na zona de Esteiro, ó carón do banco marisqueiro da Marxa, os mariscadores de Cabo decidiron traballar alí esta mañá para retirar o marisco que aínda non resultou afectado.
Ata a zona desprazouse tamén o voceiro do PP boirense que expuxo que este conflito de intereses pon de manifesto a necesidade de que Galicia asuma as competencias de xestión do seu litoral, actualmente en mans de Costas do Estado.
Os populares botan en falla tamén unha maior dilixencia por parte do goberno municipal á hora de velar, non só polos intereses da empresa, senón tamén do colectivo de mariscadores, un piar fundamental da economía do municipio.