Cambados inaugura as festas do Albariño cun Paseo da Calzada repleto de xente

CAMBADOS> Cambados inaugura a septuaxésima edición das festas do Albariño. A pesar de levar xa 4 días de concertos e actividade, dende hoxe ponse en marcha toda a vertente do sector vitivinícola. As casetas regresaron tras dous anos e apenas levaban uns minutos abertas e o Paseo da Calzada xa estaba abarrotado de xente.

O concello de Cambados inaugurou de forma oficial as festas do albariño. Aínda que os concertos e as actividades xa comezaron o venres, dende este mércores ponse en marcha toda vertente do sector vitivinícola. A vila levaba dous anos agardando o regreso das casetas e apenas abriron os stands, o Paseo da Calzada xa estaba cheo de xente.

Dende este mércores comeza a festa tal e como se recorda dende os anos prepandemia con todas as actividades do sector vitivinícola, tanto as casetas xa abertas, como a cata concurso e o túnel do viño que se celebrarán ao longo desta semana.

Pola súa parte, a presidenta da Deputación de Pontevedra resaltou a calidade do viño das Rías Baixas e destacou que a súa posta en valor é o que levou a esta festa a conseguir o recoñecemento de interese nacional.

Dende a Xunta mostraron a súa ledicia por poder volver celebrar a festa con total normalidade. Tamén destacaron a importancia do sector vitivinícola para a comunidade autónoma.

As casetas continuarán abertas ata o domingo e agárdase que miles de persoas proben os viños da Denominación de Orixe Rías Baixas durante estes días. Como tamén lembrou o conselleiro, achéguense a gozar do viño pero cun consumo responsable.