Castañas, xogos populares e poesía no magosto do instituto Ramón Caballillas de Cambados

CAMBADOS> Xornada máis que completa no instituto Ramón Cabanillas de Cambados. Dentro dos actos do seu 50 aniversario, organizaron un magosto popular, no que houbo tamén un showcooking, xogos populares, música e baile. Tamén celebraron un recital de poesía no que participaron varios alumnos do instituto.

Todo o alumnado do instituto Ramón Cabanillas de Cambados celebrou hoxe unha completa xornada entorno á festa do magosto. Ademais de castañas asadas, a rapazada puido asistir a un showcooking e tamén gozar dos distintos xogos populares que se organizaron no patio do centro.

A xornada enmárcase dentro dos actos do 50 aniversario do instituto e, como non, a protagonista foi a castaña. Como sempre, asadas con moito esmero polo castañeiro oficial do instituto. A castaña tamén estivo presente nun showcooking do que saíu este saboroso tiramisú.

E a pesar de que os tempos van cambiando, a rapaza segue a gozar cunha celebración tan nosa como é o magosto.

Xogos, como ben di esta alumna, organizados por eles e nos que non falta de nada.

Tamén moi involucrados nun recital de poesía que complementa este magosto dos 50 anos do Cabanillas.

A xornada concluíu coa inauguración dunha exposición de orlas do antigo alumno dun centro con medio século de vida e con moito futuro por diante.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí