VALGA> Valga presenta a programación da segunda edición do Agosto Gastronómico. Un mes con diferentes eventos para poñer en valor os produtos da vila. Dentro do marco de Agosto gastronómico inclúese a trixésimo segunda edición da festa da anguía e mostra de caña do país.
A pesar de atoparse en metade dunha pandemia, o concello de Valga apostou o pasado ano por potenciar a súa festa da anguía e mostra da caña do país incluíndoa dentro dun evento máis amplo denominado Agosto Gastronómico. Un mes nos que se realizan na vila numerosos showcookings e obradoiros de cociña. O evento foi un éxito, e agora sen restricións e con total normalidade Valga celebrará o seu segundo Agosto Gastronómico.
Os mozos entre 13 e 18 anos tamén gozarán de obradoiros de cociña e poderán competir nun concurso.
O resto de mes terán lugar obradoiro e showcookings para todos os públicos. Ademais de celebrarse a trixésimo segunda edición da festa da anguía e mostra da caña do país. As actividades estarán dirixidas por expertos na elaboración de pratos con anguía e tamén con caña.
As diferentes propostas ademais estarán acompañadas e maridadas por viños e licores de Valga para poñer en valor os produtos locais. Unha das novidades deste ano é o showcooking de tapas.
A programación do Agosto Gastronómico inclúe os concursos de receitas e de paisaxes. Dúas propostas para poñer en valor, como di o lema da festa: Valga, anguía, caña e camiño.