Cambados e Ribadumia, unidos pola quinta edición do torneo de ximnasia rítmica do Club Grand Jeté

RIBADUMIA> Os concellos de Cambados e Ribadumia únense pola quinta edición do torneo de ximnasia rítima que organiza o Club Grand Jeté. A cita vai ser no pavillón municipal da Senra, en Ribadumia, este vindeiro sábado.

Dende as 16 horas e ata ata as 20:30 horas, alí daranse cita unhas 250 participantes chegadas de diferentes puntos de Galicia. Por suposto, un grupo destacado delas proceden do club cambadés que organiza a actividade.

A xornada rematará cunha gran sorpresa que esta mañá as organizadoras resistíronse a desvelar.