Pasan a disposición xudicial 12 dos 21 detinos na operación contra a loxística do narcotráfico

CAMBADOS> Pasan a disposición xudicial no xulgado de Cambados 12 dos 21 detidos na operación levada a cabo contra o narcotráfico. Os arrestados foron trasladados en autobús dende o cuartel da Garda Civil de Pontevedra ata as dependencias cambadesas. A operación permitiu intervir en Galicia sete embarcacións dedicadas ao narcotráfico.

A operación contra a loxística do narcotráfico iniciada o mércores polo Xulgado de Cambados e as forzas de seguridade continúa en marcha. Esta mañá, 12 dos 21 detidos foron trasladados en autobús ás dependencias cambadesas dende o cuartel da Garda Civil de Cambados. Os outros 9 quedaron en liberdade. Dos 12 detidos, cinco foron arrestados en Galicia, os outros 7 noutras comunidades autónomas e trasladados á comarca do Salnés, xa que o Xulgado Cambades é quen coordina o operativo.

Ao longa desta semana, as forzas de seguridade da Garda Civil, Policía Nacional e Vixilancia Aduaneira realizaron ata 27 rexistros en diferentes comunidades como Galicia, Castela e León, Cataluña, Valencia e Portugal. Na rías de Arousa, as intervencións centráronse principalmente en Cambados, con nove rexistros e en Vilagarcía con 4, pero tamén tivo lugar un rexistro en Ribeira. A operación estaba destinada a acabar cunha organización dedicada a construír lanchas para o transporte de drogas. Os rexistros en vivendas, talleres e estaleiros permitiron incautar 7 planeadoras, así como numerosos motores e materias encargados para a fabricación destas lanchas.

Entre os detidos atópase o curmán de Sito Miñanco que foi arrestado no seu domicilio en un empresario de Cambados. Este home que rexenta un taller de lanchas é, supostamente, o líder desta organización criminal, cuxa actividade consistía en construír lanchas entre o Salnés e Salamanca que logo eran destinadas ao narcotráfico. A intervención permitiu desartellar a organización pero a investigación continúan aberta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí