Dez artistas expoñen a súa obra nunha mostra colectiva no concello de Ribeira

RIBEIRA> O concello de Ribeira acollerá ata finais de outubro unha mostra colectiva organizada pola Galería O Faiado. Unha decena de artistas de toda a comarca expoñen as súas creacións nas paredes da casa consistorial.

As persoas que se acheguen ata a casa do concello de Ribeira poderán contemplar a exposición colectiva organizada pola galería de arte o Faiado. Dez artistas de toda a comarca colaboran nesta mostra exhibindo as súas creacións tanto fotográficas como pictóricas.

Un dos creadores, Olegario Sampedro, tomou a palabra no acto inaugural para agradecer a boa disposición do concello e a gran calidade da montaxe.

A exposición permanecerá nos distintos andares da casa consistorial ata finais do mes de outubro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí