Boiro avanza na recuperación dos núcleos tradicionais coa renovación integral do rueiro de Runs

BOIRO> Iniciadas as obras para o acondiconemtno de rueiros no lugar de Runs, en Boiro. O alcalde e o concelleiro de Obras supervisaron o inicio dos traballos que, xunto coa intervención en San Mauro, suporán un investimento de preto de 430 mil euros, financiados con  cargo ó Plan Único da Deputación da Coruña.

O concello de Boiro segue a apostar pola renovación de servizos no rural. Os núcleos de San Mauro e Runs están a ser obxecto dunha reforma integral co acondicionamento dos rueiros, substitución das canalizacións e renovación da rede de alumeado.

O proxecto enmárcase no Plan de Obras e Servizos da Deputación. A primeira fase, en San Mauro, xa foi executada mentres que os traballos no lugar de Runs acaban de dar comezo.

As obras estanse a executar en harmonía coa contorna, utilizando materiais como lousas e lastros de granito para respectar a esencia destes núcleos tradicionais que precisaban dunha mellora.