Barbanza conmemora o Día contra o Cancro dando visibilidade á enfermidade

RIBEIRA> Hoxe, catro de febreiro, conmemórase o Día Mundial contra o Cancro cunha campaña que pretende dar visibilidade á enfermidade. Baixo o lema ‘Chámao Cancro’, a asociación española contra o cancro anima a compartir videos nas redes sociais para eliminar os tabús que rodean esta doenza.

A comarca do Barbanza sumouse ós actos conmemorativos do Día Mundial Contra o Cancro con  numerosas mesas informativas. Na de Ribeira, emprazada na rúa rosalía de Castro, foi constante o ir e vir de cidadáns interesados por coñecer máis a fondo o labor que desenvolve a xunta local da asociación española contra o cancro.

Aínda que non tiña como obxectivo principal a recadación, foron moitos os veciños que realizaron o seu donativo ou mercaron algún dos artigos da asociación para contribuír á causa.

Tamén o concello quixo sumarse á conmemoración desta efeméride iluminando a fachada da casa consistorial de verde, en apoio á campaña de prevención da asociación.