RIBEIRA> Outra fin de semana máis no que os amigos do alleo volveron facer das súas en Ribeira. Ademais de tentar entrar nunha cafetería causando importantes danos, lograron acceder a un local comercial de onde levaron cartos da caixa rexistradora.
A inseguridade apodérase da veciñanza de Ribeira trala nova vaga de roubos rexistrada durante a madrugada do domingo. Os ladróns tentaron acceder a varios locais comerciais e hostaleiros: un deles, esta cafetería situada en pleno casco urbano na que romperon o cristal na tapa dun sumidoiro.
Aínda que os intentos por acceder a este e outros locais foron infrutuosos, os delincuentes si entraron noutros comercios como esta tenda de pinturas da que levaron a caixa rexistradora.
Esta situación está a xerar unha gran alarma social, non só entre a veciñanza, senón tamén entre os propietarios dos negocios que vén como os ladróns seguen na rúa a pesar de ser reincidentes.











