Ribeira pecha 2021 cun investimento en obras próximo ós 11 millóns

RIBEIRA> Os investimentos realizados polo concello de Ribeira ó longo de 2021 marcan un récord histórico. Adxudicáronse máis de 70 actuacións cun importe global próximo ós 11 millóns de euros.

A actuación cun maior investimento é a do novo auditorio municipal, próxima ós catro millóns de euros seguida da contratación dos servizos de explotación e mantemento das depuradoras de Couso e Corrubedo, que ascendeu a 3,4 millóns de euros.

En materia de infraestruturas destacan outras actuacións como o novo apeadoiro da estación de autobuses ou a redacción do proxecto do futuro polígono. Destaca tamén o importante investimento nas parroquias que case triplicou o realizado no casco urbano. Máis dun millón e medio de euros destinouse á mellora de servizos e infraestruturas a través de 38 actuacións como a última fase do centro social de Carreira, o saneamento en Agrelo, o parque infantil do colexio de Artes ou o acondicionamento do entorno do conservatorio de Aguiño.

No que se refire á cidade contratáronse 13 actuacións similares como a renovación de servizos na Avenida de Coruña, a pavimentación de Romero Ortiz ou a renovación da liña xeral de abastecemento do parque García Bayón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí