Unha colección de corenta gravados do artista Manuel Ayaso xa forman parte dos fondos do museo pobrense

POBRA> O Museo Valle Inclán ven de recibir unha nova doazón para os seus fondos. Trátase dunha colección de corenta gravados do artista Manuel Ayaso. Súmase así a outros artistas da comarca que tamén cederon traballos seus para este museo.

O alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, o artista Manuel Ayaso e o director do Museo, Antonio González Millán, firmaban esta mañá as actas para formalizar a doazón dos corenta gravados que o mestre Manuel Ayaso cedeu ó concello da Pobra do Caramiñal. Para o artista ribeirense, Valle Inclán é unha fonte de inspiración. Pasou setenta anos da súa vida en EE.UU e alá onde ía plasmaba sempre o nome de Galicia nos seus gravados. Cabe destacar que varios museos de EE.UU contan con exemplais dalgunhas das súas obras. O alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, quixo agradecer ó artista a doazón que entregou ó concello para patrimonio de todos os veciños, resaltando que a xenerosidade que tivo co museo e co pobo é de agradecer. Está previsto que a finais de outubro principios de novembro teña lugar unha exposición, que levará o título de homenaxe a Valle Inclán, na que se mostrarán a totalidade destes corenta gravados que xa forman parte dos fondos do museo pobrense. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/07/doazónmuseovalle-inclán0710141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/07/doazónmuseovalle-inclán071014.mp4{/flowplayer}