A Pobra amplía a súa oferta turística cun autobús ás piscinas do Río pedras e o miradoiro da Curota

A POBRA> O concello da Pobra incrementará este verán a súa oferta turística coa fin de ofrecer unha experiencia máis completa ós visitantes. Ademais da cultura marítima enfocada na ría, desenvolveranse diversas actividades para poñer en valor a serra do Barbanza.

Entre as principais novidades da oferta turística da Pobra destaca a posta en marcha dun servizo de buses ó miradoiro da Curotiña e ó río Pedras en varias datas de xullo e agosto.

No que respecta ós recursos naturais repetiranse as viaxes en catamarán ó Parque Nacional das Illas Atlánticas así as visitas guiadas á contorna das piscinas naturais.

Os visitantes disfrutarán tamén dos tesouros da nosa ría ben participando nos obradoiros de marisqueo na praia dos Areos ou ben a bordo do veleiro Mascato.

Os interesados en obter máis información ou reservar praza en calquera destas actividades poden facelo na Casa Mariñeira ou no enderezo turismo@apobra.gal.