A POBRA> 600 escolares da Pobra desfrutarán ó longo da próxima semana do teatro. Este ano a concellería cultura decidiu programar funcións escolares nas que participará alumnado de tódolos centros educativos do municipio.
Entre o 22 e o 28 de marzo, o cine Elma acollerá diversas funcións teatrais. Serán en horario escolar, destinadas ó alumnado dos distintos centros educativos da Pobra.
O programa componse de cinco espectáculos, todos eles previstos para as once e media da mañá. Os encargados de levantar o pano o martes 22 serán teatro Calavera cunha función para os máis pequenos.
O venres 25 tocaralle a quenda a Isla Letriska cun espectáculo de novo circo e clown. Lydia Botana pechará o ciclo cunha sesión de teatro musical sobre a nosa lingua.