A Pobra dá os primeiros pasos do protocolo de violencia de xénero

POBRA> Esta mañá tiña lugar a primeira das xuntanzas para a posta  en marcha na localidade do protocolo de violencia de xénero. A iniciativa parte da concellería de Igualdade, que para poder desenvolvela, contratou os servizos da empresa Senes.

O auditorio do museo Valle-Inclán acollía esta mañá a primeira das xuntanzas organizadas polo Concello para a posta en marcha dun protocolo de actuación ante posibles casos de violencia de xénero. A intención pasa por involucrar a toda a sociedade da Pobra, de aí que a esta primeira reunión foran convidados diferentes sectores.

A empresa Senes será a encargada xunto co Centro de Información á Muller de desenvolver este protocolo. Ademais de coordinar o tipo de actuacións a realizar en caso de que se produza un caso de violencia, o que se busca é tratar de previlo.

A partir desta primeira reunión, a intención do Concello é organizar mesas de traballo por sectores, para chegar a ese protocolo final de violencia de xénero.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí