CAMBADOS> No Día do Cancro de Mama a Asociación Contra o Cancro en Pontevedra reivindicou dende Cambados a necesidade de visibiliza-la enfermidade, ao tempo que se destinan máis recursos á súa investigación. Ademais, este ano o colectivo tamén quere poñe-lo foco no cancro metastásico.
Ademais, outro piar fundamental -di o colectivo- é a detección precoz da enfermidade. Nese sentido, xunto co Concello cambadés, a Asociación organizará na vila un curso para aprender a autoexplorarse.
Dende a Asociación contra o Cancro en Pontevedra lamentan que a autoexploración está moi pouco extendida na sociedade.
E indican que é importante facela a partir dos 20 anos, en especial na premenopausia e menopausia.
A xornada de autoexploración mamaria terá lugar en Exposalnés o vindeiro día 27 deste mes. Trátase dunha actividade de balde, con inscrición previa.