CAMBADOS> Unha trintena de obras compoñen unha nova edición do ‘Saudarte’, a primeira logo da pandemia. A mostra colectiva inaugurouse esta mañá no Pazo Torrado de Cambados. O obxectivo, como sempre, fomentar alternativas de lecer saudables para a rapazada, para que se afasten do consumo de alcohol ou drogas.
Estas obras pertencen a artistas do IES Grancisco Asorey, do Ramón Cabanillas e tamén do estudo de pintura José Ramón Costa. En total, unha trintena de propostas que compoñen unha nova edición do ‘Saudarte’, a mostra colectiva impulsada pola Fundación Galega contra o Narcotráfico e que dende hoxe se pode visitar no Pazo Torrado de Cambados.
As obras foron creadas por mozos e mozas de entre 12 e 18 anos. A situación sanitaria impediu que hoxe eles puideran estar na inauguración da mostra, tal como era habitual antes da chegada da covid.
Esta é a primeira edición postpandemia do ‘Saudarte’. Un proxecto que tamén se adapta á nova realidade, impulsando tamén unha mostra alternativa virtual.
Esta é a segunda ocasión na que o ‘Saudarte’ fai parada en Cambados. A mostra poderase visitar nesta sala do Pazo Torrado ata o 7 de novembro.