‘Moraña é terra de sacrificios para Madrid’, a veciñanza de Amil pide a paralización da construción do parque eólico tras atopar un petróglifo

MORANA> A plataforma Amil Sen Eólicos de Moraña pide a paralización da instalación dos muíños eólicos do Monte Acibal tras encontrar un petróglifo. Xa alertaron ao Seprona desta situación para que tome as medidas oportunas. A veciñanza móstranse en contra da instalación destes 18 muíños que consideran que causará despoboación, impacto medio ambiental e desastre paisaxístico.

A plataforma Amil Sen Eólicos está en pé de guerra contra a construción do parque eólico, ou polígono eólico como eles o cualifica, no Monte Acibal. A veciñanza está loitando por evitar a instalación de 18 muíños na zona. Na súa última visita ao monte, a veciñanza atopou un achado que pode xogar ao seu favor, un petróglifo.

A plataforma xa informou ao Seprona e pide a paralización das obras ata a súa catalogación cumprindo co establecido na declaración e no estudo de impacto ambiental.

A veciñanza móstrase totalmente en contra da instalación dos muíños, consideran que as súas consecuencias será a despoboación da zona así como o impacto medio ambiental e cultura.

A plataforma denuncia que o proxecto nin se consultou nin se informou á veciñanza.

Dende Amil consideran que o desenvolvemento da enerxía eólica en España é desigual. Un programa que non deixa de instalar muíños en Galicia, a pesar de que a comunidade xera máis enerxía da que necesita.

Outra das súas denuncias é que o polígono eólico pode afectar ás brañas de Amil. Unha zona húmida que nutre de auga aos concellos de Moraña e Barro e ao embalse Pontillón do Castro en Pontevedra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí