O Salnés promociona na FairWay a Variante Espiritual e a Ruta Sarmiento

O SALNÉS> A Mancomunidade do Salnés participou da feira FairWay, a cita que se celebra en Santiago de Compostela para promocionar o Camiño de Santiago. O ente comarcal acodeu coas súas dúas propostas xacobeas: a Variante Espiritual e a Ruta do Pai Sarmiento. Percorridos que ano a ano collen máis peso na desestacionalización do turismo.

A Variante Espiritual e a Ruta do Pai Sarmiento foron as protagonistas do stand da Mancomunidade do Salnés na feira FairWay de Santiago de Compostela. A pesares da súa curta vida, as propostas xacobeas do Salnés collen cada vez máis peso.

Con estas dúas rutas a Compostela, a Mancomunidade aproveita o tirón internacional do Camiño de Santiago. Tamén a súa capacidade para desestacionalizar o turismo, converténdose nun interesante complemento da oferta de sol e praia.

A Asociación de Amigos do Camiño Portugués tamén respalda esta promoción dos dous camiños salinienses. Hai 25 anos que a entidade apostaba por potenciar a variante portuguesa. Agora, confían nas posibilidades das propostas creadas pola Mancomunidade.

Dende a Mancomunidade están convencidos de que a promoción vai no bo Camiño, e miran cara o Xacobeo 2021 como un ano de oportunidades para que as rutas a Compostela do Salnés continúen a medrar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí