Xunta e Sanxenxo crearán un paso inferior na rúa Madrid e unha praza para mellorar a seguridade

SANXENXO> A xunta de Galicia e Sanxenxo colaborarán para mellorar a seguridade viaria e a mobilidade na contorna do mercado da vila. Ambas administracións asinaron un convenio para a construción dun paso inferior para o tráfico na avenida Madrid, reurbanización da mesma rúa e a construción dunha praza. O proxecto terá un custo de 2,3 millóns de euros e a previsión é que se remate ao longo do 2024.

O proxecto que o concello de Sanxenxo ten deseñado para a construción do novo mercado de abastos e a humanización da súa contorna dará por fin o seu primeiro paso. Goberno central e xunta asinaron un convenio de colaboración para desenvolver a primeira fase do proxecto. Ambas administracións investirán 2,3 millóns de euros na mellora da seguridade viaria e da mobilidade na contorna do antigo mercado.

A intervención, nesta primeira fase tamén inclúe a que sería a parte inferior do edificio coa construción dun aparcadoiro.

Dende o concello buscan a financiación para poder desenvolver a segunda fase, que consistiría na construción de todo o edificio.

A licitación da primeira fase comezará nas vindeiras semanas. A previsión é que se remate no 2024, dende o concello agardan que sexa antes do verán do vindeiro ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí