NOIA> Este luns abría de novo ó tráfico un dos accesos á variante de Noia, dende a zona do Orro. O domingo pola tarde decidiu pecharse ó tráfico como medida de precaución ó observar posibles danos na súa estrutura. Despois da súa avaliación por parte de técnicos da Xunta determinouse que non había perigo algún.
A última hora da tarde de onte, como medida de precaución, pechaban ó tráfico un dos accesos á variante de Noia dende a rotonda do Orro debido a posibles danos na estrutura. Esta mañá despois da súa supervisión por parte de técnicos da consellería de Infraestruturas e Mobilidade xa foi de novo aberto á circulación. Segundo informou o alcalde, Santiago Freire, os técnicos non observaron risco algún no estado da xunta de dilatación sobre aque se asenta un dos piares desta infraestrutura.
Os técnicos da consellería de Infraestruturas e Mobilidade emitiron un informe favorable ó respecto, e non observaron risco algún no estado da xunta de dilatación sobre a que se asenta un dos piares desta infraestrutura. Ó parecer xa hai anos que está así.