RIANXO> Catro empresas presentaron as súas ofertas para o proxecto de substitución da cuberta do pavillón de Rianxo. A obra, presupostada en 170 mil euros, financiarase con cargo ó Plan Único da Deputación da Coruña.
Rematado o prazo de presentación de ofertas foron catro as empresas interesadas en executar a substitución da cuberta do pavillón de Rianxo. A obra, ascende a 170 mil euros, e dá continuidade á remodelación das instalacións acometidas hai ano e medio. A intención do concello é que poida ser executada ó longo do verán.
Unha vez instalada a nova cuberta, o concello plantexará a instalación de placas solares constituíndo unha comunidade enerxética, a través dunha asociación ou cooperativa, que dará servizo non só a estas instalacións municipais senón tamén á veciñanza.