O BNI Terramar Barbanza celebra o seu 7º aniversario cunha multitudinaria gala

RIBEIRA> O BNI Terramar celebrou o seu sétimo aniversario cunha gala en Ribeira. Ademais de numerosos representantes do mundo empresarial, o acto contou coa asistencia dos alcaldes da comarca así como do Conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde.

Había moito que celebrar neste sétimo aniversario. As cifras falan por si soas xa que as 19 empresas que integran o BNI Terramar facturaron 1’6 millóns de euros o pasado ano e 15 millóns dende a súa constitución. Por esta razón, organizaron unha multitudinaria gala que tivo lugar no restaurante Baiuca de Artes.

O acto contou coa asistencia de representantes do tecido empresarial de Arousa así como autoridades locais e o Conselleiro de Economía e Industria Francisco Conde que quixeron recoñecer coa súa presenza o labor que realiza este grupo.

O BNI nacía hai sete anos como unha comunidade empresarial na que están representados diversos sectores co fin de crear sinerxias que contribúan ó crecemento de tódolos asociados.

Ademais de celebrar o aniversario, a gala serviu para distinguir o labor social de Ambar coa entrega dun recoñecemento á súa presidenta así como ós socios que levan máis de cinco anos formando parte da entidade. Procedeuse tamén a oficializar o  o relevo á fronte do grupo empresarial. Olga Ramos cedeu o testemuño a John Mathew Rebollido que  colle as rendas do BNI ó longo deste ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí