O BNG de Ribeira pide a Ruíz que escoite á veciñanza antes de iniciar a reforma da rúa Castelao

RIBEIRA> Ante o inminente inicio das obras na rúa Castelao de Aguiño, o BNG insta ó goberno a escotar á veciñanza. Sosteñen os nacionalistas que o proxecto non tivo en conta as necesidades dos residentes que afrontarán dificultades á hora de acceder ós garaxes por mor do carril bici.

Os concelleiros nacionalistas recolleron as demandas dos veciños da rúa Castelao de Aguiño ante a inminente reforma que deixará a vía cun único sentido. Dende o BNG consideran que se trata dun proxecto deseñado de xeito unilateral sen ter en conta as necesidades dos residentes ós que lles ocasionará numerosos problemas.

Os nacionalistas instan ó executivo a suspender a actuación prevista e abrir un diálogo coa veciñanza e co resto dos grupos da corporación para consensuar melloras a incorporar ó proxecto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí