Malestar no PP de Ribadumia pola exclusión nas litas de David Castro dos tres concelleiros populares

RIBADUMIA> Decepción no PP de Ribadumia pola unión da formación cos independientes. Os 3 concelleiros actuais lamentan que o partido popular a nivel provincial non contou con eles nas negociacións e que finalmente David Castro excluínos das vindeiras listas electorais. A continuidade dos edís no PP é complicada xa que advirten que se senten rexeitados.

A unión do Partido Popular e dos Independentes de Ribadumia non foi tan idónea como parece, ou así polo menos o denuncian os tres edís populares no concello ribadumiense. Segundo explican, non se contou con eles en ningunha das negociacións.

Unha vez confirmada a unión, o PP provincial deixou a elección da lista a David Castro, e segundo explican, decidiu excluír aos tres edís populares.

Os tres edís puxéronse en contacto co PP provincial para informar da situación e tentar colaborar, pero dende a formación advertiron que David Castro tiña liberdade para tomar a decisión. Os edís mostrar a súa decepción.

Os populares descoñecen porqué David Castro rexeitou por completo contar con niguén do partido popular. Agora a súa continuidade na formación queda no aire.

Mentres os populares debate a súa continuidade, David Castro xa presentou ao equipo co que se presentará as vindeiras eleccións. Un equipo no que continúan os actuais concelleiros Independientes, María del Mar Rey como número dous, Miguel Castro de cinco, Sofía Núñez de sete, Juan Carlos Esperon como número oito e Beatriz Martínez como número once.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí