RIBEIRA> O concello de Ribeira iniciará a próxima semana o reparto dos composteiros domésticos. En total, adquiríronse 300 unidades e xa foron solicitados preto de 250 polo que aínda quedan depósitos dispoñibles.
A concelleira de Medio Ambiente recibía este mediodía os 300 composteiros domésticos que ven de adquirir o concello de Ribeira para repartir entre a veciñanza. A próxima semana iniciarse o reparto entre os veciños que o solicitaron. A empresa Ancaria encargarase de levalo ós domicilios e explicar o funcionamento.
Dende o concello lembraron que aínda poden solicitarse os composteiros posto que só están adxudicados preto de 250 dos 300 adquiridos. En principio entregarase un por vivenda aínda que no caso de sobrar poderíase outorgar un segundo composteiro ós domicilios que así o soliciten.
O obxectivo é facilitar a compostaxe doméstica co fin de contribuír a mellores políticas medioambientais dende a administración local.











