Os escolares do Grupo de Ribeira trocaron libros por alimentos

RIBEIRA> A comunidade educativa do CEIP O Grupo de Ribeira volveu facer gala da súa xenerosidade coa posta en marcha do mercado solidario. Nesta sexta edición contaron coa colaboración do CEIP Plurilingüe de Artes.

Off

Trocar alimentos por libros. Esta é a base do mercado solidario que o CEIP O Grupo de Ribeira organiza cada final de curso con dous obxectivos: fomentar a lectura e colaborar con que máis o necesita a través de Cáritas e ICE Renovación.

Inserto

Os escolares participaron activamente na recollida dos alimentos e reparto dos libros. Fixérono de boa gana, satisfeitos de poder colaborar con esta causa solidaria.

Aínda que a chuvia diminuíu notablemente a afluencia de xente, os voluntarios destacaron a gran colaboración de tódalas persoas que se achegaron ata a praza do concello ó longo da mañá así como de toda a comunidade educativa que dende a pasada semana foron achegando alimentos ó centro.

Inserto