BOIRO> Ademais dun acto para reivindicar os dereitos das mulleres, a celebración do 8M en Boiro serviu tamén para homenaxear a dous referentes femininos do presente e do pasado. A presidenta de Cáritas e as antigas xogadoras do club local de balonmán foron as distinguidas este ano.
A celebración do Día da muller congregou a numeroso pública na estrada da casa consistorial de Boiro onde tivo lugar a lectura dun manifesto, a cargo do alcalde e do concelleiro de Servizos Sociais, reivindicando o papel feminino na sociedade.
O acto serviu tamén para render homenaxe a mulleres que son e foron referentes no municipio. Así, recolleron a súa placa a presidenta de Cáritas Lupe Tubío e ás xogadoras de balonmán dos anos 60 ,70 e 80 que sentaron as bases do deporte feminino en Boiro.
O acto rematou co espectáculo do grupo de artes escénicas Elas de AMBAR que representaron ‘A Serea Mariña’ unha coreografía que fusionaba danza tradicional e contemporánea baseada nas mulleres do mar.











