As Anpas de Vilanova loitan contra o bulling con lásers, drones, tiro con arco e máis xogos

VILANOVA> As Anpas dos centros escolares de primaria de Vilanova alíanse para loitar contra o bulling. As cinco asociacións da vila organizan unha xornada de lecer cos nenos e nenas de sexto para que se coñezan de cara ao vindeiro curso, onde darán o salto é educación secundaria. Na xornada participaron 68 estudantes que realizaron actividades diversas como tiro con arco ou batallas láser.

Os centros escolares de Vilanova alíanse dende o pasado ano para loitar contra o bulling. En vista de que os estudantes de sexto para o ano darán o salto á secundaria. As cinco Anpas da vila, organizan unha xornada de lecer para que os nenos e nenas se coñezan e se creen amizades.

Nesta ocasión participan preto de 70 nenos e nenas. A xornada é posible grazas ao traballo das asociacións en colaboración co concello de Vilanova e a Xunta.

A oferta de actividades deste ano foi moi variada.

A xornada realizouse de forma exitosa. Os nenos e nenas xogaron e traballaron xuntos para gozar das diferentes actividades. Un paso importante para que as amizades o respecto continúen co salto á educación secundaria.