O Centro Comercial Arousa volve apostar pola cultura coa primeira mostra en Galicia do artista colombiano Baldot

VILAGARCÍA> Imos agora coñecer o proxecto artístico de Baldot, un exboxeador colombiano que hai tempo decidiu cambiar as súas luvas para pelexar por pinceis. O artista ten exposto xa en medio mundo e, por primeira vez, visita Galicia cunha exposición que se pode visitar no espazo cultural do Centro Comercial Arousa. A mostra está protagonizada por ducias de polos de cores vivas e trazos rápidos. Vaise inaugurar este mércores.

Baldot recíbenos na sala de exposicións do centro comercial Arousa en pleno proceso creativo. Non dubidou en coller un lenzo en branco para amosarnos como desenvolve o seu traballo. A súa é unha desas vidas que dá moitas voltas: de boxeador a pintor hai un longo treito que el non dubidou en percorrer. Natural de Colombia, visita por vez primeira Galicia con esta mostra.

Un proxecto que naceu na pandemia grazas ás súas fillas.

Explícanos que ningunha obra é igual a anterior, aínda que comparten a viveza das cores e o trazo rápido.

Con esta iniciativa, o centro comercial Arousa reafirma a súa aposta por traer cultura ás súas instalacións.

A exposición vaise inaugurar este mércores no centro comercial Arousa.