SALNÉS> Coa aproximación do Nadal, os concellos comezan a colocar os diferentes elementos decorativos destas datas especiais. Uns detalles que buscan levantar os ánimos da xente nun ano tan complicado. A veciñanza ve con bos ollos os detalles pero ata certo punto, xa que consideran que na situación actual, os investimentos son máis necesarios noutras iniciativas.
Os concellos prepáranse para a chegada do Nadal. A situación sanitaria na que nos atopamos obriga ás vilas a cancelar os seus eventos tradicionais. Os investimentos desta datas festivas destínanse agora a outras iniciativas que eviten multitudes pero que favorezan o espírito do nadal, como é o caso da iluminación ou das decoracións. Uns detalles que para a veciñanza son necesarios, especialmente para os máis cativos.
Ao non poder realizar outras actividades, moitos concellos aumentan o alumeado de Nadal. Unha iniciativa que divide á poboación.
Os que non están a favor de aumenta o alumeado consideran que eses investimentos serían máis necesarios para axudar aos que peor o están pasando nestes momentos.
O obxectivo dos concellos, segundo indican os gobernos municipais, é levantar o ánimo da xente nuns momentos tan complicados.