O CJ Cambados organizará unha festa do fútbol cos máis pequenos e pequenas da vila

CAMBADOS> Cambados prepárase para a primeira festa do fútbol. O club juventud Cambados organizará unha xornada cos centros escolares da vila para que os máis pequenos entren en contacto con este deporte. O campo de Burgáns dividirase en varios espazos para que os nenos gocen co fútbol e con actividades alternativas como inchables ou pinturas.

O Club Juventud Cambados quere crear canteira na súa vila, atraer aos máis pequenos a que gocen do fútbol e queira formar parte das súas categorías base. Con este obxectivo, o equipo cambadés colaborará cos centros escolares da vila para organizar a primeira festas do fútbol.

A festa terá lugar o día 17 de maio pola tarde no campo e Burgáns. A actividade é para que os rapaces gocen se ningún interese competitivo.

E para que os nenos e nenas gocen da festa, tamén terán actividades alternativas.

Dende o concello tamén apoian a festa do fútbol como respaldo ao Cambados e para fomentar o deporte entre os máis novos.

A inscrición xa está aberta para todos os nenos e nenas que queiran participar na festa do fútbol. Os interesados deben facelo a través dos dípticos repartidos nos seus centros escolares.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí