Nós Pobra aspira a acadar a maioría absoluta cun equipo renovado

POBRA> Nós Pobra presentou a súa candidatura ó completo nun ateigado Cine Elma. Cunha lista renovada e un programa sincero, o actual alcalde aspira á reelección para poder dar continuidade a un proxecto iniciado hai oito anos.

Nós Pobra aspira a acadar a maioría absoluta cun equipo preparado para gobernar. A pesar de recoñecer o traballo de BNG e PSOE como membros da coalición de goberno, o actual alcalde e candidato de Nós Pobra incidiu no traballo realizado pola súa formación coa que aspira a gobernar en solitario.

A lista presenta importantes novidades. Abandonan os postos de saída os actuais concelleiros Charo Varela, José Andrés Lojo e Genoveva Hermo mentres que Estefanía Ramos mantense como segunda integrante da candidatura. Na súa intervención insistiu na importancia de seguir a mellorar os servizos municipais e apostar pola dinamización económica do municipio.

Xunto a Ramos, completan o primeiro treito da candidatura José Carlos Vidal, Vicente Vázquez e Natalia Brión.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí