RIBEIRA> A Conselleira de Política Social visitou ós mozos que participan no campo de voluntariado na Illa de Sálvora. Ó longo de dez días realizarán tarefas de limpeza e conservación na zona ó tempo que coñecen máis a fondo o patrimonio cultural das Illas Atlánticas.
Quince mozos participarán durante dez días neste campo de voluntariado promovido pola Xunta en colaboración coa asociación AMICOS. Ademais de mozos doutras comunidades e mesmo doutros países participan nesta iniciativa cinco rapaces con discapacidade, nunha clara aposta pola inclusión.
Ademais da súa vertente social, destaca o carácter medioambiental deste campo de voluntariado no que os mozos realizan tarefas de limpeza e conservación contribuíndo á posta en valor do parque nacional illas atlánticas.
Ó longo de todo o verán desenvolveranse en Galicia 46 campos de voluntariado, ós que se suman os campamentos e intercambios con outras comunidades, o que supón unha oferta total de 11200 prazas ofertadas para a mocidade no marco da campaña de verán da Xunta.











