BARBANZA> O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a adxudicación provisional do programa de limpeza de praias 2018, a través do cal a Deputación da Coruña repartirá uns 900 mil euros entre os 41 municipios costeiros da provincia. Dese total máis de 180 mil corresponderanlle a concellos desta zona, ás comarcas do do Barbanza e Muros-Noia. As cantidades asignadas a cada municipio varían en función do números de praias, así van dende os sete mil que lle corresponden a Outes ós preto de 30 mil que levaría Porto do Son, o que máis. A finalidade deste programa por parte do organismo provincial é apoiar ós concellos no sostemento dos gastos de contratación do persoal das brigadas que se encargarán da limpeza dos areais. Con el contribuirase a mellorar a imaxe das máis de 360 praias existentes en toda a provincia de cara á tempada estival, e tamén a creación de emprego durante os meses de verán, xa que con cargo deste programa e o de contratación de socorristas en piscinas contratáronse o pasado ano preto de 300 persoas, unha cifra que espera que sexa similar este ano. A subvención para a creación destas brigadas de limpeza terá unha duración máxima de tres meses, que deberán estar comprendidos na época estival.
Inicio BARBANZA