RIBEIRA> O Trailer de Vai de Peixe recalou este mediodía en Ribeira. Ademais dun obradoiro de cociña no que participaron os catro influencers que son imaxe da campaña, procedeuse á presentación oficial da campaña. No acto participaron as Conselleiras de Mar, Educación e o presidente da Xunta.
Fomentar o consumo de peixe e produtos do mar entre a mocidade. Este é o obxectivo da campaña Vai de Peixe que, dende setembro, percorre os campus das Universidades e os distintos centros de formación de Galicia para dar a coñecer as moitas, e saudables, posibilidades do peixe.
Ademais do trailer, a campaña conta cunha forte presenza nas redes sociais. E que mellores embaixadores que os catro influencers que, a través dos seus perfís, desmontan mitos e expoñen as bondades do consumo de peixe.
Ata o mes de xuño, Vai de Peixe rodará por todo o territorio galego. Paralelamente desenvolveranse accións complementarias como Vai de Taper ou Vai de Letras. Os que necesiten máis información tan só teñen que entrar na web vaidepeixe.xunta.gal ou seguir atentamente nas redes a Ana Peleteiro, Eva Iglesias, Percebes y Grelos e Coque Macho.