O BNG de Ribeira demanda melloras nos locais de ensaio

RIBEIRA> O BNG de Ribeira levará a pleno unha moción reclamando melloras no local de ensaio, situado no soto do auditorio. Os nacionalistas recollen así as demandas dos músicos locais que levan tempo denunciando o mal estado das instalacións e do equipamento.

O BNG denuncia unha serie de carencias estruturais que limitan o uso do local de ensaio.  Entre elas, a mala ventilación das instalacións, emprazadas nun soto ou a escasa iluminación ; deficiencias que, din, se ven agravadas pola falla de mantemento.

Nesta moción fanse eco das numerosas queixas formuladas polos músicos do municipio que demandan unha mellora nas condicións das instalacións para poder facer un uso axeitado delas. Ademais dos problemas cos equipos, o local carece de baños.