A cabalgata de Ribeira alonga o seu percorrido e contará con espectáculos pirotécnicos

RIBEIRA> A Cabalgata de Ribeira introduce este ano importantes novidades no seu percorrido. A comitiva, integrada por 10 carrozas, estenderá o seu percorrido ata o paseo das Carolinas. Rematará na praza de España onde terá lugar a recepción real.

Como en anos anteriores, os Reis Magos chegarán ó porto de Ribeira por mar, a bordo das embarcacións da Real e Ilustra Cofradía da Dorna. pero non será de alí de onde saia a comitiva senón que as súas Maxestades irán a pé ata a Rúa Canarias, punto de partida da cabalgata. Estará integrada por dez carrozas e unhas 300 persoas.

O percorrido será máis longo que en anos anteriores posto que chegará ata o paseo das Carolinas e rematará na Praza de España onde terá lugar a recepción dos Reis. Haberá ademais un belén vivente a cargo da asociación Alfaia e un espectáculo pirotécnico. Durante o percorrido repartiranse 2500 quilos de caramelos sen glute.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí