A oposición de Ribeira volve rexeitar a proposta de orzamentos do PP

RIBEIRA> O goberno de Ribeira volveu quedar só no segundo intento de aprobar os orzamentos. A oposición votou en contra de proposta dos populares no pleno extraordinario celebrado a pasada tarde.

A pesar do chamamento á responsabilidade ós grupos da oposición, o goberno ribeirense non conseguiu sacar adiante os orzamentos para este 2023. Era a segunda vez que o alcalde levaba a pleno a proposta co obxectivo de aprobar as contas antes das eleccións para evitar que a nova corporación resultante das urnas tralo 28 de maio tivese que traballar cun orzamento prorrogado.

Trala votación dos orzamentos, na que os 12 concelleiros da oposición votaron en contra, debateuse tamén á emenda á totalidade presentada polo BNG que tampouco saíu adiante. A única das propostas aprobadas foi o límite de gasto non financeiro co voto de calidade do alcalde. O resto das propostas non chegaron a debaterse posto que o feito de que os orzamentos foran rexeitados implicaba a súa modificación. Tratábase entre outras do plan estratéxico de subvencións e dun suplemento de crédito para a primeira fase do futuro polígono. Fondos que agora, indicou Manuel Ruíz, terán que destinarse a outros servizos como o de axuda no fogar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí