RIANXO> Mal arranque de ano para o marisqueo en Arousa. A confraría de Rianxo acordou paralizar tamén a actividade do sector de a flote tralo recente paro das mariscadores de a pé decretado durante seis meses. A alta mortaldade deixou as autorizacións sen apenas recurso.
Nin a apertura durante 15 días para o Nadal conseguiu salvar a campaña en Rianxo que xa viña abocada a un peche anticipado tralo acordo das mariscadoras a pé de parar durante seis meses. Agora tocoulle a quenda ó sector de a flote que optou por cesar a actividade.
Neste punto, tan só lles queda depender das axudas. Tamén a confraría veuse abocada a tomar medidas excepcionais coa rescisión do contrato a dous traballadores.
A baixa produtividade non é exclusiva de Rianxo senón que leva anos afectando ás rías galegas. A baixada da salinidade agravou este ano un problema que xa se está a cronificar polo que dende o sector reclaman un pla integral de rexneración das rías da que dependen moitas familias.











