Rañeir@s da Ría aproba un primeiro borrador para a xestión do libre

RIANXO> Nunha recente xuntanza celebrada entre patróns maiores e biólogos das confrarías integradas na asociación Rañeir@s da Ría, veñen de aprobar o primeiro borrador para a xestión dos bancos de libra marisqueo en Arousa. Pola súa banda, os pósitos de Vilaxoán e Carril traballan nunha proposta específica para os Lombos do Ulla mentres que Ribeira, Aguiño e Palmeira farán o propio en relación ós bancos máis próximos á boca da ría. Será a Consellería do Mar a encargada de avaliar as distintas propostas e aprobar o plan máis axeitado, sempre e cando mellore as condicións actuais do plan vixente ata fin de ano, elaborado pola propia administración.