O BNG denuncia ante a Defensora do Pobo Europeo a prohibición da pesca de fondo

RIBEIRA> A eurodeputada Ana Miranda mantivo un encontro en Ribeira co sector pesqueiro para analizar as consecuencias da prohibición da pesca de fondo para a frota galega. Ademais de ter solicitado unha reunión urxente co comisario europeo de Pesca, os nacionalistas presentaron unha queixa ante a Defensora do Pobo Europeo.

Dende o BNG acusan á Comisión Europea de prevaricación por ter aprobado o regulamento que prohibe a pesca de fondo en máis de 80 caladoiros sen o preceptivo informe socioeconómico. Por esta razón, recorreron a medida ante a Defensora do Pobo Europeo.

Así o comunicou a eurodeputada ós representantes do sector que esta mañá asistiron á unha xuntanza con responsables do BNG; entre eles a deputada Rosana Pérez. Dende o grupo parlamentario piden á Xunta que convoque de xeito urxente o Consello Galego de Pesca e instan, tanto ó goberno autonómico como ó do estado, a recorrer a resolución europea pola vía xudicial.

Os nacionalistas instan tamén á Xunta a poñerse ó lado do sector e liderar unha mobilización social para exercer presión ante as institucións europeas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí