Malestar na confraría de Rianxo polos recortes á pescaría do xeito

RIANXO> Malestar na confraría de Rianxo polos recortes impostos a pescaría do xeito. O pósito rianxeiro verase obrigado a comprar cota para seguir pescando ó ter esgotado xa a estas alturas a súa cota.

O pósito está barallando a posibilidade de comprar ou intercambiar cota con outras zonas que si a teñen e poder así dar resposta ás preto de cen embarcacións que se dedican ó xeito.

De cara ó vindeiro ano xa anuncian que reclamarán un maior cupo para a xouba pois non entenden a discriminación á que están sometendo a esta flota.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí