Chuvia, vento e frío na ponte da Semana Santa nas Rías Baixas

SANXENXO> A peor das previsións cúmprese. A ponte festiva da Semana Santa chegará ás Rías Baixas pasada por auga e iso nótase no turismo. En Sanxenxo, as reservas baixaron respecto o que agardaba o sector. Contan cunha ocupación do 50% nos hoteis de baixa categoría e dun 70% nos de catro estrelas, é dicir, en ambos casos un 20% menos do que agardaban.

Calquera podería pensar que estas imaxes foron tomadas en pleno inverno, pero foron gravadas esta mañá en Silgar. Chuvia, vento e frío son os tres elementos que marcarán esta Semana Santa nas Rías Baixas. A peor das previsións meteorolóxicas, que caen como unha xerra de auga fría no sector turístico.

As inclemencias meteorolóxicas baixan as expectativas dun sector acostumado xa a bos datos nesta ponte da Semana Santa. Contan cunha ocupación do 50% nos hoteis de baixa categoría e dun 70% nos de catro estrelas. Isto é, un 20% menos do que agardaban en ambos casos, porque non están entrando as reservas de última hora.

O perfil do público que vén a Sanxenxo na Semana Santa provén do resto de España ou Portugal. É por iso que aproveitan ata último momento para face-la súa reserva, tomando a decisión en función do tempo.

Ademais, apuntan que lles gusta máis cando a Semana Santa non é tan cedo.

Porque esta Semana Santa de 2024 vaise celebrar aínda co horario de inverno, que non mudamos ata esta vinderia fin de semana. Iso, implica que tamén anoitece antes, outro factor xunto coa chuvia e o frío para que moitos opten desta volta por quedar na casa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí