CAMBADOS> Cuartas xornadas sobre emprendemento en Cambados. O vindeiro 8 de novembro o auditorio da Xuventude acollerá varias actividades relacionadas co autoemprego, ofrecendo asesoramento e apoio aos que estean interesados en levar adiante os seus propios proxectos.
Volven as xornadas de emprendemento a Cambados. O concello organiza a cuarta edicións desta iniciativa, que busca o fomento do autoemprego na vila.
A cita será o vindeiro 8 de novembro en horario de mañá. O programa inclúe a celebración dunha mesa redonda con emprendedores que están a desenvolver a súa actividade en Cambados. Todos son menores de 30 anos, e poderán compartir a súa experiencia.
Nesta edición, a xornada muda Exposalnés polo Auditorio da Xuventude, xa que agardan que a afluenza de público sexa maior.
A xornada desenvolverase dende as 10 da mañá ata a 1 do mediodía. A entrada será libre, e non precisa de preinscrición.