Praga de caracois nos viñedos de Rías Baixas pola combinación de altas temperaturas e chuvia

RÍAS BAIXAS> Este está sendo un ano atípico para os viñedos de Rías Baixas. Con temperaturas moi elevadas, a brotación arrancou antes. Pero con tanta chuvia e humidade, os viticultores atópanse con outros problemas engadidos. Un deles, os caracois, que proliferan entre as viñas e comen, precisamente, os primeiros gromos que están a nacer. Unha praga que afectan en especial ás cepas máis novas.

Aos problemas endémicos aos que se enfrontan os viñedos de Rías Baixas, este ano temos que engadir un máis, consecuencia da combinación de altas temperaturas e abondosas precipitacións. Son os caracois, que proliferan entre as vides.

Coas altas temperaturas para esta época do ano moitas viñas teñen xa os seus primeiros gromos, algo que gusta aos caracois. O problema afecta sobre todo ás cepas novas. As máis vellas poden ser máis resistentes.

A esta praga hai dúas solucións. Por unha banda, tratamento; pola outra, recolléndoos á man.

Outra solución para mingua-la súa poboación sería fresar xa os viñedos, unha opción polo de agora non moi recomendable en moitas parcelas, porque a terra segue enchoupada e, dada a cantidade de agura, podería dar problemas no futuro máis inmediato para seguir desenvolvendo outros traballos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí