Ribeira reivindica o orgullo cunha campaña en defensa da liberdade e a diversidade

RIBEIRA> O concello de Ribeira festexará o Día do Orgullo cunha campaña en defensa da liberdade. ademais do acto institucional previsto para este venres haberá actuacións musicais, obradoiros e unha exposición bibliográfica.

Como tódolos anos Ribeira porá en marcha unha campaña en defensa dos dereitos e da liberdade con motivo do Día do Orgullo. O acto institucional terá lugar o venres a mediodía no Cantro Cultural Lustres Rivas. Ese mesmo día pola noite terá lugar unha festa na praza da Porto do Sol coa actuación de Señora D.J. a partir das once da noite.

O programa complementarse con Talleres sobre diversidade sexual que se desenvolverán o mércores día 3 en diversas rúas do casco urbano en horario de mañá. En paralelo, poderase visitar ata o día 5 de xullo unha exposición sobre temática LGTBI na biblioteca municipal. Ademais desta campaña propia denominada ‘Ribeira con orgullo’, o concello adhírese á campaña da Deputación da Coruña, baixo o lema ‘Liberdade de Ser e Sentir’.