RIBEIRA> O alcalde da Pobra solicita a colaboración da Xunta de Galicia para a mellora da rede municipal de abastecemento. O rexedor demanda ademais apoio autonóimico para arranxar o vertedoiro de Moldes.
A mellora da rede de abastecemento de auga da Pobra require un investimento de seis millóns de euros, cantidade dificilmente asumible polas arcas municipais.
Por esta razón, o alcalde pobrense vén de trasladar unha solicitude á Xunta de Galicia solicitando a súa colaboración tanto no que respecta a medio técnicos como materiais para a posta a punto dunha rede obsoleta e con numerosas deficiencias. A ETAP ten 60 anos de antigüidade polo que non ten capacidade para asumir a demanda actual nin cumpre coa normativa vixente.
O alcalde trasladou tamén ós responsables de Medio Ambiente a necesidade de acometer unha reparación urxente no vertedoiro de Moldes, compartido co concello de Ribeira, tralos últimos desprendementos.
A pesar de que a Xunta comunicou que non asumirá o financiamento directo das actuacións si adquiriron o compromiso de colaborar co asesoramento e supervisión dos traballos.











