O pleno da Pobra aproba destinar o POS adicional a varios programas de emerxencia social

A POBRA> A corporación pobrense aprobou por unanimidade as partidas a incluír no POS Social da Deputación da Coruña. Son máis de 50 mil euros que se destinarán ós programas de comedor sobre rodas, cesta da compra, axudas de emerxencia e vivenda social.

O concello da Pobra destinará os máis de 50 mil euros do POS Social da Deputación da Coruña a seguir sufragando catro programas que ten en marcha dende hai anos o departamento de Servizos Sociais en beneficio dos colectivos máis vulnerables ou en risco de exclusión social.

Ademais destes dous programas resérvanse partidas para as axudas puntuais de emerxencia así como o alugueiro da vivenda de emerxencia.

O financiamento destes catro programas ascende a 62 mil euros dos que a Deputación achega 57 mil.