POBRA> Este é o momento no que o alcalde, José Carlos Vidal, entregaba a Jose Luís Baños, o cheque de tres mil euros que o fai merecedor do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, na súa sexta edición.
A súa obra ‘Fóra de Xogo’ resultou finalmente a gañadora entre as preto de trinta presentadas ó certame.
Na súa intervención, José Luís Baños agradeceu o premio.
A súa elección por parte do xurado colleuno por sorpresa, ó tratarse dun autor más habitual cultivando outros xéneros narrativos como é o caso do teatro.
O acto de hoxe servía tamén de presentación da obra que foi publicada na colección Árbore da Editorial Galaxia.
Entre o público asistente o alumnado de sector curso de primaria do colexio Salustiano Rey Eiras que foi agasallado cun exemplar do libro premiado.
En anteriores edicións foron merecedores deste certame escritores da talla de Xosé Antonio Neira Cruz, Patricia Mallo ou María Canosa.











